Festival que se celebra durante el mes de Septiembre en Vilaxoán de Arousa.O Festival das Línguas. O Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, converteuse nunha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Dende o 2003, ano da súa primeira edición, non deixou de medrar en canto a actividades e asistencia. E na súa 16ª edición forma parte dos sete eventos que están detrás da marca Festivais Rías Baixas. Sen embargo algo non mudou dende as orixes do Revenidas, o compromiso do festival co país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista.